viernes, 21 de marzo de 2008

Estreámonos remando a San Adrián




Despois da intentona fallida do 3 de febreiro, o primeiro domingo de marzo saímos a remar. Por fin empezamos con esta actividade destinada a tódolos socios e non socios que queiran saír a disfrutar da piragua en compañía.

A verdade a cousa non foi doada, o primeiro domingo de febreiro comezou con un temporal que entraba polo sur, polo que decidimos non saír. Marzo tampouco comezou con boa cara, estaba un día gris e nevoento, pero non facía frío e o mar estaba coma un prato. As 11:00 da mañá estabamos Palmira e eu (Manuel) dispostos e inaugurar a tempada. Pese a que eramos só dous, apetecíanos palear. Pero como non hai dous sen tres, apareceu Jose Luís, que o avisáramos o día anterior e que despóis de algún tempo sin saber de él, se achegou disposto a participar.

O resto foi tomar dirección hacia o peirao de San Adrián, remar e parolar. O día invitaba a ir tranquilo e sen un obxectivo moi definido. Disfrutamos de estar con Jose Luís despois de tanto tempo, poñéndonos o día das nosas vidas. Entretanto iamos pasando pequenos barquiños de xente que estaban pasando a mañán pescando. Cando chegamos a San Adrián decidimos dar volta, Palmira prefería acabar antes, polo que tomamos rumbo o clube.

Na volta decidimos a onde iamos a ir o próximo domingo 6 de abril: As Salinas de Ulló. Así que xa sabedes ¡animadevos!, vos esperamos as 11:00 horas no Clube.

Chao

No hay comentarios: