sábado, 12 de abril de 2008

Travesía a illa de San Simón


A segunda saída da actividade Remandomingo foi a illa de San Simón. Tiñamos previsto ir o 6 de abril ata as salinas de Ulló, pero a marea impedíunolo. Ese día as 11:00 da mañá a auga estaba tan baixa que tivemos que saír no final do espigón do peirao do porto de Santa Cristina. Esto lle deu un pouco de emoción a saída, xa que a cousa non era moi fácil e corríamos certo risco de ir o auga. Finalmente non houbo problema, coa axuda dos demáis e apoiando o remo debidamente, un pequeno empurrón, e... xa estábamos en disposición de cruzar a ría.

O día foi perfecto. Sol, agradábel temperatura, o mar coma un prato. Ata nos atrevemos a sacar a cámara no medio do mar para sacar unhas fotos. Palmira e Manuel estiveron falando e falando dos aburridos asuntos do clube, mentres Jose Luis ía máis solitario meditando sobre os seus asuntos.

Ó chegar a praia de Cesantes poidemos contemplar os submarinistas do capitán Nemo, obviamente sen auga, compartindo a nosa curiosidade pola escultura cos paseantes da praia. Alí tamén nos contou Palmira unha anécdota dunha vez que tivo que refuxiarse na illa de San Simón, tendo que abandoar a piragua, un día de mal tempo nos seus tempos mozos.

Para voltar rodeamos a illa, esculcando os seus rincóns en busca dos misterios que agochan os lugares inaccesíbeis. Tomamos dirección o clube coa sensazón pouco gratificante de repetir o camiño a volta, onde non hai nada novo que descubrir.


Vos esperamos.

No hay comentarios: