sábado, 17 de mayo de 2008

Contra vento e marea


O domingo día 11 de máio realizamos a terceira saída desta actividade. A novidade é que tivemos máis xente que se quería apuntar que piraguas dispoñibles. Remamos con dous grupos de amigos e Pontevedra.

No grupo de piragüistas que formamos, tiñamos xente con máis experiencia e xente que se estreaba. Como a mañán levantouse ventosa, e non sabíamos como ía a evolucionar decidimos bordear ata punta Cabalo seguindo o abrigo da terra e chegar ata a baía de Larache si o vento o permitía.

Despois dunhas breves e humildes explicacións de como se utiliza unha piragua e as normas básicas de seguridade, nos preparamos e o auga!. Bordeamos o pantalán e collemos rumbo a punta Cabalo. Uns colleron un ritmo mais vivo e outros iamos máis de vagar. O sol nos quenceu a ratos o que permitia certos momentos de relax, sempre co permiso do vento que era racheado.
Esto nos permitia ir falando e para min ir coñecendo a xente.

O chegar a punta Cabalo, o vento e as olas tiñan máis presencia. Despois de falar, se decidiu continuar. A marea estaba baixando, indo na nosa contra e o vento do norte tampouco nos favorecia.

Os máis insistentes case chegaron a acadar obxectivo, os que iamos atras notábamos como por cada palada hacia adiante iamos media atras. O peor era o parar, que o vento e a marea te levaban outra vez hacia o punto de partida.

Unha vez nos desfogamos, matando o becho das gañas de remar, dedidimos dar volta. Eso si é velocidade!, co vento e a marea a favor si que se avanza, polo que logo chegamos o clube.

Xa no clube endulzamos o material e recollemos, unha duchiña, recollida de correos e despedida.
Voltaremos a vernos en próximas saídas.

A próxima saída é o domingo 1 de xuño, esperamosvos.

No hay comentarios: